UNIDADES GRAMATICAIS


Seguindo os principios teóricos de Rojo e Juliá dintinguimos cinco unidades gramaticais:

O MORFEMA: é o elemento mínimo gramatical e non pode dencompoñerse noutros menores.

A PALABRA: tradicionalmente describiuse como a unidade constituída por un ou máis morfemas e que cumpre unha función na unidade sintáctica inmediatamente superior, a frase.

A FRASE / SINTAGMA:  tradicionalmente empregáronse como termos sinónimos, pero os funcionalistas van diferencialos. 


   Por un lado, definen o sintagma como unha agrupación de unidades gramaticais, excepto morfemas, cun significado global superior á suma dos significados individuais dos elementos primarios.

  Polo  outro, definen a frase como unha estrutura sintáctica formada por unha ou máis palabras que desenvolven unha función na unidade inmediatamente superior.

A CLÁUSULA: Rojo defínea como unha estrutura de elementos funcionais agrupados en torno a un PREDICADO e en torno a este agrúpanse os demais elementos, pero ao mesmo nivel. 
Esta é unha das causas polas que non se pode defender o binarismo neste tipo de análise.
 
Gramática Tradicional
Gramática Funcional


Or. simple
---> Cláusula simple


Ors. compostas por subordinación e ors. 
finais e causais
---> Cláuslas complexas



    
ORACIÓN: é unha unidade sintáctica constituída necesariamente por dous elementos (formados cando menos por un PREDICADO cada un) que se esixen mutuamente.
  
 
Gramática Tradicional
Gramática Funcional




Ors. compostas subordinadas adverbiais impropias (menos finais e causais) e or. compostas coodenadas adversativas
----> Cláuslas Bipolares




No hay comentarios:

Publicar un comentario