Citando palabras de Leonardo Gómez Torrego, o enunciado "é unha unidade de comunicación, pragmática, (...)que debe ter sentido completo dentro da situación comunicativa na que se produce."
CARACTERÍSTICAS DO ENUNCIADO
- Está delimitado por pausas maiores como o punto ou o silencio.
- Ten capacidade comunicativa propia, nun discurso ou nunha situación.
- Sintacticamente é independente.
- É a unidade mínima de comunicación, fronte ao texto, que é a superior.
TIPOS DE ENUNCIADOS
Non oracionais: son palabras ou conxunto de palabras que non forman oracións: "Bos días"
Oracionais: son os que presentan estrutura oracional, aínda que o verbo pode estar elidido: "Onde estás?" -"Na casa"
No hay comentarios:
Publicar un comentario