Se partimos da concepción xerárquica das unidades gramaticais podemos esperar que na análise sintáctica as oracións se dividan en cláusulas, estas en frases e estas en palabras. Pero isto non sempre ocorre así e a culpable diso é a recursividade.
Segundo a definición do dicionario, un elemento lingüístico é recursivo en gramática cando é susceptible de ser incluído como constituínte da mesma natureza un número indeterminado de veces, de forma directa ou indirecta.
A recursividade será a que nos permita diferenciar entre unidades simples e complexas.
As unidades simples son aquelas que os constituíntes que a forman son de nivel xerárquico inferior ao todo. É dicir, non presenta recursividade e no seu interior nunca imos atopar outras unidades do seu mesmo tipo. Ex.: Casas brancas.
As unidades complexas, pola contra, presentan recursividade. Son unidades formadas por constituíntes dos cales, cando menos un, é do seu mesmo tipo. Ex.: Árbores con cores moi brillantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario