FRASE

Os distintos tipos de frases.

1) Segundo a estrutura funcional diferenciamos  por un lado frases endocéntricas e por outro lado frases exocéntricas.

A) FRASES ENDOCÉNTRICAS

Neste tipo de frases algún dos constituíntes inmediatos pode realizar a mesma función que a frase completa, é dicir, temos un elemento subordinado (que funciona de MODIFICADOR) e outro constante (que funciona de NÚCLEO). Segundo  a clase de palabra que funcione de núcleo imos diferenciar tres subtipos de frases endocéntricas.


 
Unidade
Núcleo
Exemplo




frase substantiva

substantivo

amores imposibles

frase adxectiva

adxectivo

ben limpo

frase advervial

adverbio

moi afastado


B) FRASES EXOCÉNTRICAS

Este tipo de frases teñen dous constituíntes en relación conectiva de dependencia. Aquí os dous elementos son constantes e esíxense mutuamente e ningún deles pode equivaler ao conxunto. A orde dos elementos é fixa ao contrario do que acontecía nos exemplos anteriores onde o NÚCLEO podía ir antes ou despois do MODIFICADOR.

Distinguimos dous subtipos de frases exocéntricas segundo as funcións dos seus constituíntes:

 
Unidade
Funcións



frase preposicional

RELATOR    +   TERMO



             con             ilusión

frase nominal

DETERMIANTE + NOMINAL



             este                 anel

Na frase preposicional:
  • RELATOR é sempre unha preposición
  • e o
  • TERMO poden ser distintas unidades como  unha fn: do Celta, unha fs: até Coruña, unha fadx: de vermello, unha fprp: de entre as sombras, unha fadv: de moi lonxe ou unha cláusula: sen saírdes da casa).
Na frase nominal:
  • DETERMINANTE pode ser un artigo, demostrativo, posesivo, numeral, etc
  • e o
  • NOMINAL poden ser diferentes unidades como unha fsubs: o sol radiante, unha fadx: o máis novo, unha fprep: a de pedra ou unha cláusula:As que chegaron primeiras, entre outras.
2) Segundo a recursividade diferenciaremos frases simples e complexas.

As frases simples son aquelas que non teñen outras frases no seu interior.


     Ex.: Viaxe máxica ( fr. subs. con un NÚCLEO, o substantivo viaxe, e un MODIFICADOR, o adxectivo máxica).


As frases complexas son aquelas que están constituídas por algún elemento do seu mesmo nivel.

     Ex.: Este café con leite (fr. nom. cun DETERMINANTE, o demostrativo este; e un NOMINAL, a fr. subst. café con leite; composta dun NÚCLEO, o substantivo café; e un MODIFICADOR, a fr. prep. con leite; composta dun RELATOR, a prep. con; e un TERMO, o subs. leite.







No hay comentarios:

Publicar un comentario