CLÁUSULA

A cláusula podemos clasificala en simple ou complexa segundo estea integrada por un ou máis PREDICADOS respectivamente.


Segundo a relación que se estableza entre os elementos da cláusula complexa poderemos diferenciar:


CLÁUSULAS COMPLEXAS POR SUBORDINACIÓN: son estruturas sintácticas de dependencia establecida entre dous elementos lingüísticos que reciben o nome de principal e subordinada. A presenza da principal é imprescindible para a existencia da subordinada pero ao contrario non. Tamén hai que sinalar que o elemento subordinado ten unha función a respecto da principal.

CLÁUSULAS COMPLEXAS POR COORDINACIÓN: son estruturas sintácticas formadas por varios elementos  lingüísticos no mesmo nivel sintáctico e desempeñando unha mesma función. Non se necesitan nin se complementan uns aos outros; se falta un os demais seguen tendo sentido. Poden levar nexos de unión (ex.: Raquel le as instrución e Marcos monta os mobles.), pero tamén é posible a xustaposición (ex.: Xoguei, arrisquei, perdín.).

Imos agora facer unha clasificación das distintas cláusulas atendendo logo á natureza dos seus constituíntes comezando polas coordenadas e seguindo coas subordinadas.


Actividades da cláusula


 

CLIC para ver o corrector

A subordinción



Actividades da cláusula subordinada

No hay comentarios:

Publicar un comentario