Seguindo os principios teóricos de Rojo e Juliá dintinguimos cinco unidades gramaticais:
O MORFEMA: é o elemento mínimo gramatical e non pode dencompoñerse noutros menores.
A PALABRA: tradicionalmente describiuse como a unidade constituída por un ou máis morfemas e que cumpre unha función na unidade sintáctica inmediatamente superior, a frase.
A FRASE / SINTAGMA: tradicionalmente empregáronse como termos sinónimos, pero os funcionalistas van diferencialos.
Por un lado, definen o sintagma como unha agrupación de unidades gramaticais, excepto morfemas, cun significado global superior á suma dos significados individuais dos elementos primarios.
Polo outro, definen a frase como unha estrutura sintáctica formada por unha ou máis palabras que desenvolven unha función na unidade inmediatamente superior.
A CLÁUSULA: Rojo defínea como unha estrutura de elementos funcionais agrupados en torno a un PREDICADO e en torno a este agrúpanse os demais elementos, pero ao mesmo nivel.
Esta é unha das causas polas que non se pode defender o binarismo neste tipo de análise.
Gramática
Tradicional
|
Gramática
Funcional
|
Or.
simple
|
---> Cláusula
simple
|
Ors.
compostas por subordinación e ors.
finais e causais |
---> Cláuslas
complexas
|
ORACIÓN: é unha unidade sintáctica constituída necesariamente por dous elementos (formados cando menos por un PREDICADO cada un) que se esixen mutuamente.
Gramática
Tradicional
|
Gramática
Funcional
|
Ors.
compostas subordinadas adverbiais impropias (menos finais e
causais) e or. compostas coodenadas adversativas
|
---->
Cláuslas Bipolares
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario